viernes, 6 de marzo de 2015

Cancelado el II Rally Eurocidade Tui - Valença

El jóven rally nacido el pasado año bajo la batuta de Escudería Dona Urraca no se celebrará esta temporada. Le propia escudería nos lo ha hecho saber mediante este comunicado de prensa:



Dende a Escudería Dona Urraca facemos público o seguinte comunicado.

Hoxe, Venres 6 de Marzo, coincidindo ca data límite para presentar o regulamento particular da proba ante a FGA (Federación Galega de Automobilismo), comunicamos que debido ó incumprimento dos compromisos adquiridos, mentiras prolongadas no tempo, actitude esquiva e silencio por parte do Sr Alcalde do Concello de Tui, a Escudería Dona Urraca vese obrigada a suspender a celebración do II Rally Eurocidade Tui-Valença.

Queremos pedir desculpas a todos aqueles deportistas que tiñan incluída á nosa proba no seu calendario deportivo para esta tempada 2015, a todos os patrocinadores, colaboradores e voluntarios que nos axudaron a arrancar este proxecto e que de forma unánime estaban dispostos a continuar colaborando connosco.

Queremos e debemos agradecer de forma moi distinguida o apoio e trato recibidos pola F.G.A. que respaldou e defendeu a proba en todo momento e á Cámara Municipal de Valença do Minho, en especial, a D. José Temporao Monte e a D. Jorge Salgueiro Mendes, que apostaron de forma decidida polo Rally Eurocidade Tui-Valença, para que esta fose unha proba referente dentro do noso deporte.

A Escudería Dona Urraca intentará retomar o proxecto unha vez formado o novo goberno Municipal de Tui, posto que, son moitas as voces dos veciños e comerciantes Tudenses que nos reclaman a continuidade do Rally Eurocidade, feito que nos leva a reforzar a nosa convicción de que o Rally Eurocidade é un ben dinamizador e de interese público, social e comercial para o Concello de Tui, e para toda a Eurocidade.
Acabouse a festa...

No hay comentarios:

Publicar un comentario